Entre as distintas actividades realizadas pola rede de Consellerías de Turismo no exterior coas que Turespaña presta apoio ao sector turístico español, atópase a elaboración de análises mensuais, informes de tendencias e estudos de mercado sobre os mercados emisores, precisando os segmentos que teñen maior valor estratéxico.

Fichas executivas

Con carácter trimestral, elabóranse fichas executivas sobre 20 países que envían turismo cara a España, con datos, gráficos e comentarios que analizan diferentes indicadores turísticos e económicos relacionados co mercado emisor correspondente.

Ver: todos as fichas executivas

Consulte as fichas executivas dos mercados emisores, filtrando por mercado e/ou período:

Escolla mercado
2024

Informes de tendencias

De maneira periódica, elabóranse os informes de tendencias de mercados por tempada, con análises e conclusións sobre os principais indicadores de conxuntura económica, os factores político-sociais, a evolución recente da demanda turística e os indicadores de prospectiva.

Ver: Todos os informes de tendencias

Consulte os informes de tendencias de mercado filtrando por mercado e/ou período:

Escolla mercado
2023

Estudos de mercado

De maneira anual elabóranse os estudos de mercados turísticos emisores cara a España. Ofrecen información sobre: a visión xeral do país correspondente, a definición das súas principais características de mercado como emisor turístico e a estrutura do seu sector turístico.

Ver: todos os estudos de mercado

Consulta os estudos de mercado filtrando por mercado e/ou período:

Escolla mercado
2023

Quere consultar todos os estudos dun mercado concreto?

Seleccione o mercado que lle interese a través do combo ou navegando polo mapa e acceda a toda a información: fichas executivas, informe de tendencias e estudos de mercado.