O CDTE está considerado como un dos centros de documentación sobre turismo máis importantes do mundo, tanto pola cantidade de documentos que conserva coma pola súa calidade. Creado en 1985, é un servizo de Turespaña que recolle, analiza, conserva e difunde información e documentos relacionados co turismo, ofrecendo ao usuario unha atención personalizada e achegando bibliografías temáticas.
Consulte o catálogo do Centro de Documentación
Conta con case 140 000 referencias documentais informatizadas que se poden consultar a través do OPAC referidas a carteis e folletos turísticos, revistas e monografías especializadas en turismo, publicacións institucionais e lexislación, moitas delas descargables do propio catálogo.Ademais, a través do apartado Coleccións dentro do OPAC, o usuario poderá ver unha mostra destes documentos, a saber: carteis turísticos, artigos da Revista de Estudos Turísticos, acceso ao arquivo fotográfico en branco e negro da institución, historia das estatísticas de turismo e guías oficiais de hoteis e cámpings. Como España é un Estado membro da Organización Mundial do Turismo, recibe toda a documentación publicada por ese organismo.
O CDTE presta os seguintes servizos:
Asesoramento sobre a existencia e utilización das fontes de información especializada en turismo.Catálogo bibliográfico especializado en turismo. Información bibliográfica personalizada, en función do perfil e as necesidades do usuario.Consulta dos fondos do Centro de Documentación en horario de atención ao público e a través dos Servizos de Usuarios do OPAC.Servizo de solicitude de adquisición de fondos: o Centro de Documentación adquire fondos por iniciativa propia ou por proposta das persoas usuarias. Pódese enviar unha solicitude directamente desde o OPAC (Servizos de Usuario – Solicitudes).Sesións de formación de usuarios.
E comprométese a:
Información e atención por persoal cualificada nas súas diferentes modalidades: presencial, telefónica, correo postal, correo electrónico e chat.Actualización diaria do catálogo especializado en turismo. Garantía de acceso aos fondos do Centro de Documentación, no propio Centro e a través da páxina web.Localización de fondos bibliográficos, no noso catálogo ou noutros externos.Tramitación da compra dos materiais solicitados en función das necesidades dos usuarios e da dispoñibilidade orzamentaria.